Share
20/06/2026 - 20:30h | Convento do Carme | Padrón

Lulavai

  • Concerto do cuarteto feminino de arpas Lulavai

Lulavai
Cultura no Camiño

Catro mulleres: Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto feminino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único,  chamado Lulavai.
Coñécense no 2005 cando formaban parte da orquestra Folc Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex-compoñente de Milladoiro, Rodrigo Romaní. 
No ano 2008, deciden emprender este novo proxecto musical, onde a sonoridade de catro arpas e catro voces fúndense para interpretar cun son moi privado, temas tradicionais galegos e de composición propia. Desde entón levan percorrido multitude de escenarios, desde Galicia ata o País Vasco, Portugal ou Francia, participando en festivais como Lorient, Flokez Blaiz e FolkSegovia.