20/06/2026 - 22:00h
| Pazo da Cultura
| Narón
Levaino!
Espectáculo de música a cargo de Xurxo Fernandes
Rede galega de teatros e auditorios
LEVAINO! exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo oriental e remata en Galicia, presentando os vínculos que unen ambas tradicións orais.
Xurxo Fernandes, investigador de ambas culturas e a través dunha sonoridade sorprendente, mergúllanos nunha paisaxe sonora que envolve os arcaicos sons da Galicia máis primitiva co máis suxerente exotismo oriental.