Share
12/11/2024 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Los destellos. Encontro con Pilar Palomero

  • Presentación da película pola súa directora

Los destellos
Close-Up: Cine e perspectiva de xénero

A vida de Isabel dá un inesperado xiro o día en que a filla Madalen lle pide que visite regularmente a Ramón, que se atopa enfermo. Tras quince anos afastada do seu exmarido, un home ao que ve como a un descoñecido a pesar de que foron familia durante anos, en Isabel comezan a reavivarse resentimentos que cría superados. Con todo, ao acompañar a Ramón no seu momento máis vulnerable, Isabel conseguirá ver con outros ollos o fracaso que viviron para centrarse no presente da súa propia vida.

A sesión do 12 de novembro estará presentada pola directora de 'Los afectos', Pilar Palomero, nunha charla moderada pola crítica Elsa Tébar, editora da revista Caimán Cuadernos de Cine e comisaria do ciclo Close-Up con Jara Yáñez.