24/07/2025 - 20:00h
| Área Recreativa Río Furelos
| Melide
Ledicias 2.0
Mago Paco

Cultura no Camiño
A nova versión do meu primeiro espectáculo: con xogos, participación e moito humor sorprenderei tanto a nenos e nenas como a maiores coa miña maxia tan persoal.
Maxia divertida e participativa son as premisas desta nova adaptación que está pensada para que as familias poidan gozar dun momento único e que lembrarán por moito tempo.
Sumérxete no mundo máxico da ilusión e fantasía e volve a gozar como un neno/a.