Share
24/07/2025 - 20:00h | Praza do Concello | Taboadela

Humor á cara

  • Espectáculo de teatro a cargo de Hípica Celta

Humor á cara
Cultura no Camiño

Comeza moi concentrado a poñer as súas mazas en movemento para que o público non lle dea tempo a pensar que o “Filete”, é tan só un “parlanchín”. Arriba os malabares, ao ceo soben as táboas do rulo e tan alto como a Luna chega o monociclo jirafa, pero creo mozos que o que nos fai sentir tan a gusto á beira deste pallaso, é que sempre queda cerquita de nós, que non busca as estrelas alá de lonxe, a anos luz, senón nas chiribitas dos nosos ollos, aquí, con humor, á cara. 

Un espectáculo cheo de bobadas e pallasadas para os máis peques e humor con ironía e sarcasmo para os máis maiores.

Este espectáculo ofrécenos un abanico de técnicas onde se mestura, o circo, o humor e a improvisación teatral, todas elas en clave de Clown.

Cunha dinámica aberta ao contacto cos espectadores que poderán gozar de 60 minutos cheos de puro humor.