02/10/2026 - 18:00h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
La sexta parte del mundo
Dziga Vertov, 1926
Ponte aérea: o cine de Warren Sonbert
Documental producido para os servicios de exportación de Gostorg (Comercio do Estado); un poema en imaxes adicado á nación rusa, para o que Vertov recurriu, como fonte de inspiración, ó mundo dos seus poetas favoritos: Maiakovski e Walt Whitman.
Shestaya chast mira transforma a celebración da Unión Soviética nunha sinfonía de paisaxes, culturas e rostros, «desde o Ártico ata o Cáucaso», alén de propoñer un audaz experimento cos intertítulos. Sonbert recoñeceu na montaxe de Vertov un modelo para o seu propio cine: unha práctica menos orientada a impoñer un significado que a abrir un campo de emocións e correspondencias entre imaxes. (Francisco Algarín e Carlos Saldaña)