Share
01/10/2026 - 21:00h | Pazo da Cultura | Carballo

Ninguén tira fotos nos enterros

  • Espectáculo teatral de Carlota e Compañía

Ninguén tira fotos nos enterros
Rede galega de teatros e auditorios

Pódoche facer unha pregunta? Non me tes que responder se non queres: ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?

Ninguén tira fotos nos enterros conta a historia dun feito sorprendente: unha familia celebrou, no mesmo día, unha voda e un enterro. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día. Con tenrura, humor, participación do público e técnicas de fotografía en vivo, como a cianotipia, proponse unha reflexión colectiva sobre a morte dende a mirada da infancia.

TODOS OS PÚBLICOS

55 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Carlota Mosquera

Dirección: Carlota Mosquera

Elenco: Carlota Mosquera, Sol Álvarez

Escenografía: Carlota Mosquera, Juan Ares

Iluminación: Nacho Martín "Neicherman"

Vestiario: Neme Vázquez

Dirección de movemento: Marta Alonso Tejada