21/05/2025 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
La senda de la esperanza
Dino Risi, 1953

Centenario Marcello Mastroianni
A Via Tuscolana conecta o centro de Roma cos estudios cinematográficos Cinecittà. Cada día percórrena en tranvía unha multitude de persoas que traballan no mundo do cinema... ou ás que lles gustaría traballar nel. Son os casos de tres mozas de orixe modesta que aspiran a triunfar: Luisa, cun talento que lle permite soñar con chegar a ser unha actriz de éxito; Franca, que pretende seducir un produtor que lle abra camiño; e Giuditta, tan inxenua que se considera a nova Anna Magnani.