Share
21/05/2025 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

La novia del pirata

  • Nelly Kaplan, 1969

La novia del pirata
Fóra de serie

Tras a morte de súa nai, cansa dos abusos dos seus veciños, unha muller decide empezar a cobrar a todos aqueles que queren manter relacións sexuais con ela, poñendo patas arriba a orde establecida na vila.

 

«Creo que a razón pola que algúns homes se posicionaron tan abertamente en contra da película era que o concepto do pecado non xogaba ningún papel. A prostituta é unha muller, un ser humano, e non só unha muller senón ademais unha muller que castiga a outros e non paga ningún prezo por iso… e iso non se pode permitir. Dicíanme -nos momentos que tiña problemas para proxectar a película- “se polo menos morrese”… pero eu non quero que morra! É incrible!». (Nelly Kaplan)