Share
07/05/2023 - 14:30h | Teatro Jofre | Ferrol

KALDI

  • Espectáculo de novo circo de Pistacatro

KALDI
Rede galega de teatros e auditorios

Un trapecio, unha mesa, unha cadeira e moito café, sobre todo, moito café.

Unha jovén trapecista fala a través de acrobacias aéreas e movemento da súa visión sobre o café, símbolo da rutina diaria na que estamos atrapados, repetindo o mesmo patrón unha e outra vez. 

Como podemos escapar desta rutina? 

Imaxina entrar nunha habitación e que todo cheire a café; pregúntaste: En cuantos lugares e países distintos consómese café a diario? Por cantos estados pasa o café antes de acabar nunha cunca listo para ser consumido? En cantas situacións tan variadas pódeste chegar a tomar un café? 

Neste espectáculo un ser curioso quere dar a coñecer o mundo do café.

A rutina dun día neste mundo parecer que esta sendo en grao sumo normal, ata que o café empézalle a afectar. O café nos seus diferentes estados (líquido, po, gran...) logra cambiar a calidade de movemento, incluso a personalidade deste ser e chégao a transformar. Tamén soa música neste universo, creando un ambiente íntimo e cheo de risas. 

O café como ferramenta de conexión entre artista e público.