José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983
Coproducción de Teatro Experimental del Porto, Teatro Municipal del Porto e Culturgest | MIT Ribadavia
En 1983, José Afonso, xa gravemente debilitado pola enfermidade que o levaría á morte catro anos despois, subiu aos escenarios dos coliseos de Lisboa e do Porto para os seus últimos concertos. O concerto de Lisboa, rexistrado pola RTP (Rádio e Televisão de Portugal), converteuse nun marco na memoria colectiva portuguesa e foi perpetuado en álbum, filme-concerto e, máis recentemente, nunha edición restaurada que recupera case integralmente o espectáculo. José Afonso, ao vivo nos Coliseos, 1983 é un espectáculo multidisciplinar que entrelaza música, teatro, performance e poesía. O espectáculo non pretende reconstituír o concerto orixinal, senón reinventalo á luz dunha abordaxe contemporánea inspirada no Gig Theatre, unha forma híbrida que funde a enerxía dos concertos ao vivo coa narrativa teatral, reinterpretando o legado de Zeca con liberdade creativa e profunda resonancia emocional. — Gonçalo Amorim / TEP.
Ficha artística
Dirección: Gonçalo Amorim
Coordinación dramaturxica: Rui Pina Coelho
Textos: Lígia Soares, Marta Figueiredo, Miguel Cardoso, Rui Pina Coelho, Susana Moreira Marques
Interpretación: Catarina Chora, Catarina Carvalho Gomes, Inês Salvado, Mariana Leite Soares, Pedro João, Hugo Inácio, Josué, Saulo Giovannini, Teresa Costa
Dirección musical: Mariana Leite Soares, Pedro João
Escenografía: Catarina Barros
Vestiario: Cátia Barros
Deseño de Luz: Nuno Meira
Técnico de Luz: Renato Marinho
Técnico de Son: Miguel Serrão
Vídeo: José Freitas
Apoio á investigación: José Carlos Calixto, Pedro Afonso, Zélia Afonso
Venta de entradas en la web de la Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia