Share
25/07/2026 - 12:00h | Igrexa de San Marcos | Corcubión

Sons Celtas do Barroco

  • Un concerto do grupo Alfolí

Sons Celtas do Barroco
Cultura no Camiño

Neste programa, o grupo Alfolí integrado pola soprano Gemma Román e os instrumentistas Roberto Santamarina ao violín barroco, Víctor Blanco ao harpa de dúas ordes e guitarra barroca e Pablo Ruibal a viola da gamba, preséntanos un compendio de música irlandesa, escocesa e inglesa do barroco. As broadside ballads eran cancións populares interpretadas nas rúas e casas das cidádes e vilas británicas dende o século XVI ata principios do século XX. O programa complétase con obras diversas que veñen dulcificar ese ácido e humorístico sabor da melodía popular británica do Barroco.

Xunto a estas ballads, atopamos melodías tradicionais sacadas de manuscritos, algunhas delas rescatadas fai pouco tempo. A este repertorio, eminentemente popular, engadimos tamén cancións de carácter culto como as de John Dowland ou Henry Purcell.