Share
21/02/2025 - 20:00h | Centro Social de Abanqueiro | Boiro

J, K, W e Y: unha escolma de despropósitos

  • Martín Camiña Ilusionista

"J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Se crías, despois de lelo en Google Maps, que "Valle de Oro” era un desleixo cara á nosa cultura ou que pedir no restaurante “carne al caldero más un albarito” era estar á moda, agarda ouvir o que seleccionamos en J, K, W e Y.

Un espectáculo como antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia.

Un renovado abecedario, cun alcouve de novos pensamentos por agromar no cedo, repousa nesta colleita escénica de irresponsabilidades.

Todo o que nunca imaxinabas: a nosa lingua e cultura penduradas do xeito de vida actual, a través dun acto cheo de intres con sorpresas, abraios e moitos sorrisos.