21/02/2025 - 20:30h
| Fórum Metropolitano
| A Coruña
Absurdia
Dani Blanco Producións. Espectáculo de improvisación e clown

Rede Galega de Teatros e Auditorios
Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.
Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é Absurdia.