Share
05/07/2025 - 22:00h | Praza do Concello | Ribeira

Ikigai

  • SU.MA

Ikigai
Cultura no Camiño

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e da destreza comunicativa das intérpretes co espectador.

 Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento se converta nunha agradable aventura. Que te impulsa a seguir?, a erguerte cada dia como se fose novo? Que fai que esperte  o teu sorriso?

 Cal é o teu Ikigai?