Share
05/07/2025 - 21:00h | Praza do Concello | Meaño

Galerock & Magic

  • Espectáculo de maxia a cargo de Mago Teto

Galerock & Magic
Cultura no Camiño

Como se podía continuar un espectáculo tan intenso, divertido e sorprendente como R&M? Non se pode. Só podemos mellorar isto dun xeito; facendo un novo volume coas nosas músicas, co Rock e a música galegas que marcaron e marcan as nosas vidas.

Galerock & Magic é un percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Desde o rock galego dos 90 e dos 2mil ligados ao bravú ou a grupos tan importantes a nivel global como Siniestro ou Los Suaves ata os grupos de moda do momento.

Moita música en directo, pero tamén moito humor e moita maxia nun espectáculo nostálxico para uns, divulgador para outros e fascinante para todas.

Un espectáculo cheo de chiscadelas e abraios que dignifica e pon en valor a nosa historia musical coa ilusión como vehículo transmisor.