A historia vaxenial
Un espectáculo de Raquel Nogueira e Iván Marcos
A historia vaxenial segue o ronsel xerado por Historias Vageniales, a exitosa serie web creada pola mesma autora, gañadora dun Premio Mestre Mateo e cuxos episodios foron vistos por centos de miles de persoas e que con este formato recibiu o Premio Luisa Villalta 2024 a Proxectos pola Igualdade.
A historia vaxenial fai un percorrido pola historia da humanidade para investigar como se representaron os órganos sexuais da muller e analizar como esta representación, ou omisión, estivo emparellada á desconsideración da muller e ao seu lugar no mundo. O tema dá para un drama, certamente. Pero non, A historia vaxenial é unha comedia (e unha comedia con final feliz).
Este espectáculo teatral atópase a medio camiño entre unha comedia historicista e un evento feminista, entre unha veraz conferencia pedagóxica e un divertidísimo monólogo confesional; todo un festival de risas e sorpresas que dá luz sobre multitude de cuestións que permaneceron ocultas ás mulleres e que teñen como centro o seu propio corpo e identidade.
A peza está interpretada e co-escrita por Raquel Nogueira, unha das cómicas máis versátiles da súa xeración; dirixida e co-escrita por Iván Marcos gañador do Premio Fringe First no Festival de Edimburgo, o Premio Jerwood Foundation, Premio Mestre Mateo, Premio María Casares e actor protagonista de varías películas e producciónes de Netflix; e conta coa asesoría de Miguel García Fernández, historiador especializado en Historia Medieval e Historia Moderna e investigador da historia social das mulleres.
Ficha artística
Autoría: Raquel Nogueira e Iván Marcos
Dirección: Iván Marcos
Escenografía: Raquel Nogueira e Iván Marcos
Deseño iluminación: Montse Piñeiro
Vestiario: Uxía P. Vaello
Elenco artístico: Raquel Nogueira