BenQuerer
Fran Sieira báilalle a Caamaño&Ameixeiras
BENQUERER, querer, querer ben e quererse ben son algúns dos termos nos que afondará o novo espectáculo de Fran Siera, desta vez, acompañado en directo polo dúo galego ligado á música e ao baile de raíz, Caamaño&Ameixeiras.
Desde un punto de vista case autobiográfico, a peza cuestiona que é quererse ben a un mesmo. É posible benquerer a outras sen quererse ben? Algunha vez antepoñemos o benquerer ao querernos ben? Ata que punto a benquerenza pode ser real se non vai acompañada de amor e respecto propio? Todos estos custionamentos faranse tamén dende as marxes, sempre con perspectiva de xénero.
O autocoidado emocional será o eixe central sobre o que xire este novo proceso creativo tan persoal e íntimo para o creador, onde a través do seu propio relato detallará a importancia do coidado, de quererse ben, de aceptarse e respectarse a un mesmo.
Ficha artística
Autor: Fran Sieira
Dirección: Fran Sieira e Gena Baamonde
Adaptación: Fran Sieira
Escenografía: Fran Sieira
Deseño son: Caamaño&Ameixeiras
Deseño iluminación: Fidel Vázquez
Vestiario: Érica Oubiña
Música: Caamaño&Ameixeiras
Coreografía: Fran Sieira e Andrea Quintana
Elenco artístico: Fran Sieira, Antía Ameixeiras, Sabela Caamaño