26/02/2026 - 21:00h
| Teatro Principal
| Pontevedra
Guerra
Espectáculo teatral a cargo da compañía Teatro do Noroeste
Rede galega de teatros e auditorios
A guerra é a expresión máis cruel do fracaso total, por iso nunca é unha solución, senón o máis grande dos erros.
Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.
Ficha artística
Autoría e dirección: Eduardo Alonso
Escenografía, vestiario e iluminación: Carlos Alonso
Música: Bernardo Martínez
Elenco artístico: Miguel Pernas, Luma Gómez, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida, Xavier Estévez