27/02/2026 - 18:30h
| Casa da cultura Pintor Lloréns
| Sada
Abracadáver
Un espectáculo de circo para toda a familia terrorificamente divertido
Rede galega de teatros e auditorios
Abracadaver é unha terapia de choque para partirse de risa e desfacerse dos medos. O entrañable Rogelio volve nesta segunda entrega para presentar unha delirante proposta chea de sustos e bo humor. Clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho... todo preparado para levar a cabo o Abracadaver. Quen dixo medo?