Share
18/10/2025 - 20:00h | Aula Municipal de Cultura | Betanzos

As gardiás

  • Espectáculo teatral a cargo de Teatro de Ningures

As gardiás
Rede galega de teatros e auditorios

AS GARDIÁS, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se atopa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria  de que a súa é a mellor postura.

Despois de máis  case corenta anos de actividade teatral profesional, TEATRO DE NINGURES (fundada en 1.986) reune unha serie de recursos humanos, técnicos e materiais que fan desta compañía unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro imprescindible para os profesionais do sur do país, así como unha referencia no panorama teatral galego, contando neste momento cun elenco estable formado polos catro socios fundadores da compañía (Casilda Garcia, Sonia Rúa, Pepa Barreiro e Salvador del Río).  Ademáis é unha empresa na que traballan actores, actrices, técnicos e creadores de toda Galicia  tendo nesta compañía un centro de traballo indispensable.