Share
18/10/2025 - 20:00h | Pazo da Cultura | Narón

Camino a la Meca

  • Espectáculo teatral a cargo de Pentación

Camino a la Meca
Rede galega de teatros e auditorios

Unha das principais razóns que atopo para sumarme a un proxecto é saber, ou intuír, que será a oportunidade de coñecer e compartir experiencias con persoas que me conmovan para sempre. Fun moi afortunado na miña vida en contar co agarimo e a complicidade de artistas inmensos. Fontes de inspiración.

Namoreime de Lola Herrera encontro tras encontro. Fascinado co seu carisma. Conmovido pola súa lucidez, alucinado pola súa curiosidade e o seu desexo.

Tratábase entón de atopar un material que estivese á altura de semellante muller, que representase dalgunha maneira todo aquilo do que ela desexaba falar. E eu con ela.

Camino a la Meca, de Athol Fugard, inspírase nunha muller real, Helen Martins, que se rebelou contra todos os estamentos da súa época. Un ser que persegue o desexo, a luz da inspiración que non corresponde a ningunha idade nin a ningunha xeración. Alguén que prefire as preguntas ás certezas, que valora a súa liberdade e a súa autonomía enfrontando o seu tempo e o mundo que a rodea.

Ao lela escoitei a voz de Lola latexando en cada texto. Sen transcendencias flotan no aire as ganas de vivir con liberdade e de facelo intensamente.

Desexabamos conformar un elenco co que a viaxe fose enriquecedora e pracenteira, porque todos sentimos que esta será unha experiencia do todo transformadora.

Honrado e entusiasmado por este novo proxecto que creo que vai quedar na mente e nos corazóns dos que o facemos e en cada un dos espectadores que nos acompañen.

REPARTO

Lola Herrera

Natalia Dicenta

Carlos Olalla

EQUIPO ARTÍSTICO Y TÉCNICO

Autor: Athol Fugard

Versión: Claudio Tolcachir

Escenografía: Alessio Meloni

Vestuario: Pablo Menor

Iluminación: Juan Gómez-Cornejo

Ayudante de dirección: María García de Oteyza

Gerente/Regidor: Leo Granulles

Técnico de sonido: Félix Botana

Técnico de iluminación: Javier Gómiz

Maquinista: Alfonso Peña

Peluquería y sastrería: Gema Moreno

Diseño de cartel: David Sueiro

Fotografía de cartel: Daniel Dicenta

Jefe de producción: Juan Pedro Campoy

Ayudante de produccion: Estela Ferrándiz

Jefe técnico: Ignacio Huerta

Dirección; Claudio Tolcachir

Productor: Jesús Cimarro



Unha produción de Pentación Espectáculos