Share
18/08/2026 - 20:00h | Fornelos | O Rosal

Gaiferos polo camiño a Compostela

  • Un espectáculo de Títeres Cachirulo

Gaiferos polo camiño a Compostela
Cultura no Camiño

"A onde irá meu romeiro

Meu romeiro onde irá?

Camiño de Compostela

Non sei si alí chegara"



E vai ser difícil porque o noso peregrino protagonista vai ter que enfrontarse a moitas perigosas tentacións do mal, en forma de serpes enganadoras, trasnos que ofrecen tesouros, danzarinas á luz das estrelas ou diaños disfrazados de bos veciños. Todos queren tentar a Gaiferos para apartalo do seu camiño a Compostela!



Espectáculo de aventuras, cancións e divertimento a bordo do “O Cachi-móbil”: unha barraca rodante, que leva os monicreques e a ilusión a calquera recuncho.

Un teatriño autosuficiente, que inclúe cadeiras e bancos para acomodar ao público.