18/08/2026 - 20:00h
| Campo de San Francisco
| Ribadeo
Contos a pé de rúa
Un espectáculo de narración oral a cargo de Caxoto e A trastenda dos contos
Cultura no Camiño
De todos os espectáculos de contos que Caxoto nos trae este é o que mellor se adapta a espazos exteriores (prazas, parques, campeiros, ...) Nel un barrendeiro fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, ... todo mesturado con xogos, cantigas, ... un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.