Share
30/01/2026 - 20:30h | Casa da Cultura do Milladoiro | Ames

As formas do amor

  • Unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego

As formas do amor
Rede galega de teatros e auditorios

Ela e el foron parella.

Foron deses amores inesquecibles que marcan un antes e un despois na vida, porque todo póñeno patas para arriba, revísano, sacódeno, desmóntano e vólveno a armar.

Logo de tanto tempo separados, talvez hoxe sexa o día xusto para volver atoparse por primeira vez.

Unha historia para saír do teatro con bo sabor no corpo, con gusto, alegría e esperanza. Unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor.

Porque existen outros amores, necesitamos outras historias.

Despois de "Crónica dunha heterosexual insatisfeita", María Angeles Iglesias presenta "As formas do amor", unha coprodución de Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego; para rir e reflexionar sobre como nos relacionamos con ese sentimento tan marabilloso que é o amor.

 

Texto orixinal e dramaturxia: María Ángeles Iglesias

Dirección: Gena Baamonde

Elenco: Sergio Zearreta e María Ángeles Iglesias

Iluminación e espazo escénico: Octavio Mas

Espazo sonoro e música orixinal: Tato López

Construción escenografía: personal Centro Dramático Galego

 

Entradas na billeteira dixital do Concello de Ames