Share
30/01/2026 - 20:30h | Forum Metropolitano | A Coruña

A cámara escura

  • Unha produción teatral de Vórtice Escénico

A cámara escura
Rede galega de teatros e auditorios

Que pasa cando unha adolescente de dezaseis anos comparte unha foto íntima co seu crush nun contexto social como o que estamos a vivir? 

Alicia está namorada.

Alicia fai un selfie.

Alicia preme enviar.

 

Do outro lado do móbil, alguén reenvía, e reenvía, e reenvía.

Os chats tolean. Unha avalancha de mensaxes, de vexacións, de insultos, de censura.

 

Nun mundo eterno como é a rede, cal é a solución para recuperar a intimidade perdida tendo en conta que por cada ano que pasa, as xeracións están expostas a medrar sen a madurez suficiente para empregar un novo apéndice chamado teléfono?

 

A cámara escura fala das vítimas de ciberacoso que se ven conducidas cara un buraco negro de desprezo e dor. Trata das persoas culpábeis que, agresión tras agresión, van construíndo un perigoso perfil de cara ao futuro. A cámara escura diserta sobre esas nais e pais que ven, con absoluta impotencia, rotas/os ás súas fillas e os seus fillos. A través de Alicia, esa rapaza dividida en dúas voces internas, podemos asomarnos á realidade que sofren cada día máis adolescentes a nivel mundial.

 

Ficha artística

Autoría: José Luis Baños de Cos

Dirección: Sara Rey Seoane

Adaptación: Sara Rey Seoane

Escenografía: As dúas e punto

Deseño son: Marcos Grandal Tojeiro

Deseño iluminación: As dúas e punto

Vestiario: Vórtice Escénico

Música: Marcos Grandal Tojeiro

Coreografía: Vórtice Escénico

Elenco: Andrea Blanco Dios, Ana San Fernando, Marcos Grandal Tojeiro

 

Duración: 60 min

Público: adultos a partires de 12 anos