Fellini 8½
Federico Fellini, 1963

Un director de cine, Guido Anselmi (Marcello Mastroianni), atravesa unha profunda crise creativa. Mentres procura as desexadas fontes de inspiración, vaise sumir progresivamente nos seus recordos, soños, pantasmas e alucinacións. No balneario no que prepara o filme, muller, amantes, actrices, produtor, crítica, todos tratan de influir en Guido. El decide realizar a película en base a estas vivencias, unha xuntanza de presente, pasado e fantasías. Un filme fascinante, inagotable, de ambicioso (e satisfactorio) afán totalizador, rei do subxénero "cine dentro de cine", o preferido do seu autor, decisivo e pai de tantos cineastas e filmes alleos. Produto dun proceso de rodaxe paralelo parcialmente ao que o filme descrebe, obtivo un enorme éxito, incluido o terceiro Oscar para Fellini, gañando a película tamén o galardón ao mellor vestiario.