24/08/2024 - 19:00h
| Parque de Santa Lucía de Asados
| Rianxo
Estamos no veran!!!
Espectáculo de Música a cargo de A banda do verán

Cultura no Camiño
Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un espectáculo diferente e refrescante con música en directo, danza e elementos teatrais e de clown.
O espectáculo nace dun disco-libro editado por GALAXIA que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical.
Participación constante do público asistente e unha banda de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís que trae cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en xuño ata o primeiro de día de setembro.
Es escea unha bailarina e dous cantantes-narradores, batería-percusión, guitarra, teclados, ukelele, baixo eléctrico!