Share
24/08/2024 - 19:00h | Campo da Feira | Santa Comba

A Chungatrona

  • Espectáculo de Novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

 A Chungatrona
Cultura no Camiño

“A CHUNGATRONA”

Despois de rodar por toda Galicia co seu primeiro espectáculo, Peter Punk crea un novo conxunto de rutinas, que confirman a súa intención de converterse nunha referencia do novo circo galego como pallaso. 

Neste espectáculo veremos unha aloucada entrada en escena coa Testarrosa, o miniciclo de Peter Punk. A máxica desaparición dun globo no seu bandullo. A destreza dun voluntario con tres aros e un trebello baleira ideas. E como colofón, un final único no mundo: A CHUNGATRONA!! Un aparello pensado por un pallaso, que manterá ao público en tensión ata que… algún incauto resulte totalmente mollado e a cara cuberta de tarta. Todo isto, para desatar a risa, a diversión e a loucura do público: nenas, nenos e maiores.