Share
21/08/2026 - 20:30h | Parque do Coto | Negreira

Dr. Flaming

  • Un concerto OneManBand en formato acústico

Dr. Flaming
Cultura no Camiño

Dr. Flaming é un proxecto musical de versións en acústico fundado por Álvaro Vázquez, un músico veterano que percorreu múltiples escenarios con bandas como The pretty shirts, Castro y los escoltas ou Gold & Colt entre outras.

É un OneManBand, un só músico múltiples instrumentos. Un show clásico pero diferente cun repertorio de cancións que todos recoñecerán, pero que posiblemente terían esquecido. Esas que che fan dicir “Buaa ¿lémbraste desta?” Un show que apela a nostalxia e produce un efecto no público que os anima a cantar, bailar e divertirse.