Share
21/08/2026 - 21:00h | Atrio Colexiata de Santa María | Xunqueira de Ambía

Black

  • Un concerto de música soul

Black
Cultura no Camiño

BLACK é un proxecto musical coruñés que leva 10 anos percorrendo diferentes espazos de toda a comunidade autónoma, achegando as súas reinterpretacións de grandes éxitos da música negra. No seu formato a dúo, son creadores de espectáculos como Paseo pola música negra, Soul e literatura, En familia ou Voces de muller.

En 2015 lanzaron o seu formato máis potente: a banda grande, formada por nove recoñecidos músicos da escena galega —Richi Rozas, Jorge Quesada, Anxo Seco, Pablo Moreno, Fany Castro, Ana Rivas, Wilson Ortega, Fausto Escrigas e Iria Mejuto—.

Con este formato ofrecen un directo enérxico e impactante, versionando artistas icónicos como Aretha Franklin, Otis Redding ou Stevie Wonder, atraendo a gran público e acollida da crítica especializada.