Share
11/10/2026 - 18:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Dolce far niente

  • Unha coprodución do Centro Dramático Galego e Desattada co apoio de Nononon.lab

Dolce far niente

O forno, o extractor, o teclado, o lavalouza, as portas das neveiras abríndose e pechándose, as masas batendo á mesa, os botes peideando salsa contra as masas, os cortadores de pizza acoitelando ás pizzas e os clientes falando, berrando, cantando, bailando, chorando, rindo, queixándose, insultándose, pelexándose e, ah claro, comendo.

Dolce far niente é unha traxicomedia que ensina a viaxe que tivo a túa pizza ata chegar á túa boca. Que aproveite!

 

Proxecto presentado no CDGLab2025. Gañador do 1º premio Xuventude Crea 2025.

Equipo participante na Academia 2026 da Unión de Teatros de Europa com estadías em Roma, Sofía, Praga e Tesalónica.

Creado ao abeiro das residencias Descartes da Cidade da Cultura de Galicia.

 

Ficha artística

Dirección escénica e dramaturxia: Lucía Satta

Elenco: Jorge Destar e Ana Oca

Dirección Artística: Nononon.lab