Share
11/10/2026 - 18:00h | Auditorio Municipal | Vigo

Fiadora de soños

  • Espectáculo de teatro familiar de O Baúl da Tía Tola

Fiadora de soños
Rede galega de teatros e auditorios

Unha inventora rosmona e unha rapaza chea de vida coñécense grazas a unha máquina moi especial chamada Fiadora de soños, pois fabrica cintas para soñar bonito. Xuntas forxan unha curiosa e bonita relación de amizade… pero cando a rapaza descobre que a cinta funciona tamén cando está esperta... todo cambia! Unha historia divertida e emotiva sobre a amizade, a imaxinación e o perigo de perderse nos soños se esquecemos vivir. Unha metáfora sobre o uso (e abuso) das pantallas, contada con humor, poesía e moita artesanía escénica.