Share
05/07/2024 - 23:00h | Praza do Concello | Pantón

Diógenes

  • Espectáculo de Teatro a cargo de LÎLÂ Teatro

Diógenes
Cultura no Camiño

“Diógenes” describe unha intensa viaxe cara ó nebuloso abismo da psique. Un singular proceso expiativo tras unha extraordinaria vivencia que confronta o ego, obrigando a unha análise das propias paixóns dende un lugar de contemplación.

 O despertar da conciencia a través da consciencia evoca a eterna disputa respecto ó vínculo existencial entre virtude e felicidade, e exixe levar á práctica todo o coñecemento atesourado e máis aquela sabedoría innata que busca constantemente a ledicia do ser.

Esta é a fabulosa historia dun cínico do século XXI en contra dun poder arrogante que insiste en desacreditar deliberadamente os valores existenciais coma fundamento para a compresión do mundo.