05/07/2024 - 22:30h
| Praia fluvial río Sil
| O Barco de Valdeorras
Carta Aberta. Tour 2024
Espectáculo de Música a cargo de Antía Muíño

Cultura no Camiño
Nesta xira, Antía Muíño, un dos fenómenos da nova canción galega, continúa presentando "Carta Aberta", o seu álbum debut. Un concerto que viaxa por climas que van dende o jazz vocal ou a canción alternativa de autora á música tradicional. En formato trío, Antía á voz e guitarra vai acompañada de Miguel Arribas ao teclado e o saxo e de Ton Risco ás percusións.