01/03/2025 - 20:00h
| Auditorio Municipal
| Vigo
David Perdomo

Rede Galega de Teatros e Auditorios
No seu espectáculo, David Perdomo fai sátira da sociedade apoiándose en personaxes arquetípicos cargados de franqueza e, sobre todo, espontaneidade. Pode que nalgún momento nos leve a perder o fío, pero sempre para chegar a unha conclusión diferente á que estamos acostumados, para sacarnos da nosa zona de confort sen decatarnos.