Share
01/08/2026 - 20:00h | Praia fluvial de San Clodio | Ribas de Sil

Contos debuxados, debuxos contados

  • Un espectáculo de narración oral e ilustracións a cargo de Caxoto e Marc Taeger

Contos debuxados, debuxos contados
Cultura no Camiño

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita?... que xorden os grandes álbums ilustrados.

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada?... pois que xorde Contos debuxados, debuxos contados.

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público... Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.