01/08/2026 - 22:30h
| Paseo do Areal
| Cabanas
Broken Peach
Concerto de Gospel, Rock, Rock/Blues e Soul
Cultura no Camiño
Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos e a verdade, podería dicirse que son un pouco de todo. Crean unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarse das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretan. A formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano.
Unha das súas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúa ao espectador en diferentes épocas e ambientes.
O seu eclecticismo músical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, ou pop.