Share
12/08/2023 - 21:00h | Rúas da Vila | Xunqueira de Ambía

Contos de contrabando

  • Espectáculo de teatro a cargo de Avelino González

Contos de contrabando
Cultura no Camiño

Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.

A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Adícanse ós dous a unha actividade comercial sen licencia fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licencias administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.

E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación... se o consiguen ou non sábese no final.