Concerto
Espectáculo de música a cargo de Punkinfantil

Punk para nenas? Por que non!! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?
O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself! Faino ti ao teu xeito! Como poidas, como queiras e como che preste!
O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente!
O punk é berrar, rir, facer pis… e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade.
O punk é protestar! Quen non chora non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!
Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario, acaban creando un delirio musical chamado Concerto PunkInfantil