Concerto
Espectáculo de música a cargo de Andhrea & the Black Cats

Andhrea & the Black Catses é un proxecto cuxa premisa é a de interpretar vellas cancións do blues, pero sen acudir a temas coñecidos, senon indagando na historia e sacándolle pó a eses arquivos que narran historias vividas, desamores, morriñas, e miles de tristezas en xeral. Unha formación, cuxos directos caracterízanse por facer que o público se traslade a unha época onde o sol limitaba as horas de traballo e o algodón recollíase con gotas de suor, para así poder coñecer as tarefas diarias dun pobre músico de blues, cuxo institno para escribir unha canción era ter unha guitarra entre os seus dedos e plasmar cancións no seu diario persoal.
O repertorio desta banda supón un percorrido na historia do blues, unha viaxe na que se traslanda ao público a outra época a través das historias narradas no seu momento polos autores máis cláisicos cuxo transforno, na maioría dos casos, segue tendo presencia hoxe en día.
A finais do 2016 publicaron o seu primero traballo de estudo, “New Roads”, 10 cortes que resumen o que son Andhrea & the Black Cats e o camiño percorrido dende o seu nacemento. Actualemtne están a traballar no seu seguinte proxecto.
Entre o seu percorrido profesional, podemos destacar que foron os gañadores do VI concurso da Societat de Blues de Barcelona, tocaron por salas relevantes de Barcelona coma Campari Milano e en festivais como el Festival de Blues de Benicassim, Outono Codax, Vilablues, Black N’Blues Festival en Valladolido ou Sweet Cotton Festival de Jaén.