Share
13/07/2025 - 12:00h | Praza de Porta do Sol | Ribeira

Con lingua propia

  • Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso

Con lingua propia
Cultura no Camiño

Peter Punk mostra neste espectáculo con moito orgullo (e literalmente) a súa lingua propia.

Durante uns trepidantes 60 minutos, o pallaso máis irreverente da escea galega, combinará as máis variadas técnicas circenses con xogos de palabras para poñer a lingua en escena e ao público en acción!

Un espectáculo cheo de humor, trabalinguas, xogos e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.

Peter Punk traballou acompañado do filólogo Brais Gutiérrez para presentar este novo espectáculo que xira arredor da nosa lingua, construíndo así un referente para o público miúdo dende a comedia.