Share
31/07/2025 - 13:00h | Praza Alcalde Rojo Losada | Monterroso

As aventuras de Pituquito

  • Espectáculo de teatro a cargo de Trécola Producións

As aventuras de Pituquito
Cultura no Camiño

Pituquito é un rapaciño novo, leva cascos nas orellas a meirande parte do día para non perder as novidades na música ou mesmo das publicacións das súas amizades nas redes. Un adolescente que desfruta do parque, do cine, dos amigos, da “pituquita”… 

Nesta viaxe de apertura ao mundo dos adultos vai atopando incongruencias entre o que lle din que é o bo facer e as súas vivencias dacotío cos mesmos adultos.

Cheo de inocencia, autoestima e rebeldía, loitará contra a avaricia, contra quen pretenda destruír a natureza ou menguar a liberdade das persoas do mundo mundial.

Unha obra de guiñol tradicional de cachiporra, de autoría propia e temática actual, adaptada á vida moderna que consta de varias historias curtas nas que Pituquito é o protagonista.

Unha chea de situacións baseadas na realidade que Pituquito resolverá coa súa gran astucia.