16/07/2026 - 11:00h
| Carballeira de Ribadumia
| Ribadumia
Chungo que te cagas
Espectáculo de novo circo a cargo de Peter Punk Pallaso
Cultura no Camiño
Este é o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias d@s cativ@s e tamén dos maiores, creando un universo propio no que a linea de traballo é a diversión, o xogo e unha visión do mundo moi persoal.
Mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta: pelotas, un prato chinés, fachos de lume e o clásico tartazo reinventado ao máis puro estilo deste irreverente pallaso internacional.
O seu particular Chungo que te cagas! é o Máis difícil aínda! do circo clásico. Este é o espectáculo máis universal e todoterreo que leva máis dunha década rodando polo País de Nunca Máis.