Share
15/07/2026 - 21:00h | San Vicente | O Rosal

Baixo os remendos, nós

  • Presentación do novo disco de Acordeireta

Baixo os remendos, nós
Cultura no Camiño

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Loitar Cantando foi o primeiro traballo deste dúo de gran variedade instrumental e rítmica, cun estilo único, fresco e contundente. O repertorio consta de temas tradicionais, de autor e dunha gran parte de composicións propias. 

En 2025 presentaron o seu novo traballo Baixo os remendos, nós, co que afondan no seu estilo folk festivo-reivindicativo e no que achegan novas melodías, novos temas e novas ganas de seguir sementando valores a través da música. Será un 2026 cheo de festa e reivindicación da man de ACOREDEIRETA!!