Share
29/06/2025 - 18:00h | Teleclub de Lantaño | Portas

Chistes que foron contos

  • Avelino González

Avelino González
Cultura no Camiño

Un mazo de contos random que se contan hoxe en día como chistes, pero antes foron contos e son contados dende hai moito tempo. Proba de que son bos!

Saben o do perruqueiro que lle preguntou ao cliente como quería que lle cortase o pelo? É dos máis vellos do mundo.
Saben o do home que tomaba a súa muller por parva? Agora é un conto moi feminista.
Saben o do home que quixo morrer rodeado de curas? Agora cóntase con políticos.
Saben o do...

Mudaron as forma,  pero non o fondo: entreter, facer rir. 
Son contos sacados da tradición que foron cambiando e actualizándose e son... moi modernos!  
Por iso mola contalos hoxe, porque son bos. E así seguimos rindo unha risa que se vén rindo hai moito tempo.

E o bo que é rir. LOL!