Share
29/06/2025 - 17:00h | Siador | Silleda

A alfombra máxica

  • Espectáculo de teatro a cargo de Teatro Babaluva

A alfombra máxica
Cultura no Camiño

A alfombra máxica (un espectáculo sensorial para bebés)

"A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear...Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.

Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e  cos seus acompañantes adultos por un mundo  de "emocións e sensacións."