Share
12/04/2025 - 23:00h | Sala Guión | Pontedeume

Catuxa Salom (trío)

Catuxa Salom (trío)

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis potentes da escena folk electrónica do momento. No seu debut discográfico experimenta coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, conseguindo unha sonoridade que nos conecta co noso lado máis salvaxe.

De Aimogasta ás montañas de Lugo, Catuxa Salom constrúe un relato cargado de simbolismo onde a natureza e o movemento están en primeiro plano. Acaba de publicar o seu segundo traballo, Caldo, unha inmersión na vida rural que nos transporta ás orixes e á comunidade como lugar seguro e que en directo se presenta como unha proposta magnética e vibrante que promete ritmos de baile. 

Catuxa Salom (guitarra e voz), Lucía Cortiñas (percusións), Yudit Almeida (baixos, bases, contrabaixo).