Canto conto!
Un espectáculo para toda a familia a cargo de Limiar Teatro
CANTO CONTO! é un emocionante espectáculo que nos mergulla nunha viaxe chea de música, risas e sorpresas. Acompaña a dous recolledores de lixo na súa aventura polo fascinante mundo da reciclaxe e a sustentabilidade.
Nesta historia, os nosos protagonistas exploran xeitos de reciclar, mostran os distintos tipos de contaminación existentes e propoñen solucións ante isto.
Goza aprendendo a través de diversos xéneros musicais, desde o rock and roll ata o rap, pasando pola salsa ou o funky. Pero, ollo, non só se trata de música, hai moito máis! Exploraremos temas como a igualdade, a diversidade, o ecoloxismo e a importancia de traballar xuntos para acadar un futuro mais sostible.
O mellor de todo é que ti, o noso querido público, serás parte activa desta viaxe.
Rirás, cantarás, bailarás e aprenderás dunha maneira divertida e lúdica. En CANTO CONTO! o xogo co público é fundamental.
Únete a nós nesta emocionante travesía cara a un mundo mais ecolóxico e consciente!
Ficha artística
Autoría e dirección: Iván Davila y Brais Iriarte
Escenografía e iluminación: Noa Iriarte
Deseño son e música: Brais Iriarte
Vestiario: Limiar Teatro
Elenco artístico: Iván López e Brais Iriarte