Share
22/03/2026 - 18:00h | Auditorio Municipal da Xuventude | Cambados

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica

  • Un espectáculo de monicreques de Tanxarina

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica
Rede galega de teatros e auditorios

Ataulfo, o rato que coida da Biblioteca Galáctica descobre que unha ameaza paira sobre os personaxes dos libros infantís dos seus andeis...

Poderán o rato bibliotecario, Ramón Lamote e Sara enfrontarse ao malvado profesor Smith e á súa intelixencia artificial fantástica? 

Unha comedia tola e trepidante chea de sorpresas, música e humor, 

Creada para conmemorar o 75 Aniversario da Editorial Galaxia, esta adaptación teatral da novela de Carlos Labraña é un espectáculo que celebra a amizade, fai unha reflexión sobre o uso da tecnoloxía e é unha defensa da lectura e os libros.

 

Ficha artística

Autoría: Carlos Labraña

Dirección e adaptación: Tanxarina

Escenografía: Pablo Giráldez ' O Pastor '

Deseño son e iluminación: Paulo Medal

Vestiario: Cloti Vaello

Música: Ailén Kendelman

Coreografía: Tanxarina

Elenco artístico: Miguel Borines e Andrés Giráldez